Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2018

Sexas traballador/a ou estudante; ESTE SÁBADO nova asemblea veciñal:

Imaxe
Ante unha situación que asemella ser o ''mal eterno'' de Gondomar, convocamos para este SÁBADO 3 de NOVEMBRO, ás 18:30h no Centro Neural (As Cercas) , unha nova asemblea aberta a toda a veciñanza onde decidiremos as novas accións a realizar, para seguir na loita por un transporte ó servizo do pobo.  Negámonos a seguir o xogo partidista do PP e o PSOE, antepoñendo os seus intereses ás necesidades reais das persoas, algo que levan facendo repetidamente e en moitos ámbitos.  Facemos un chamamento especial á xuventude, pois é o presente da nosa vila e a súa presenza vai ser chave sempre, en calquera movemento social, e do que queremos nutrirnos como colectivo escoitando as propostas dos servizos que precisan. Entre as nosas esixencias debe estar presente un transporte público para a mocidade que lles facilite cursar estudos post-obrigatorios (FP ou Univesidade).  A súa inación é a nosa ruina.  Vén e suma connosco! Cartaz da vindeira asemblea.

Novas deficiencias nas liñas de Melytour e balóns fóra entre PP e PSOE.

Imaxe
Hoxe volve ser unha xornada máis para nós, como usuarias dun transporte público de vergoña. As liñas de Melytour (xa por si mesmas deficientes) teñen actualmente unha inestabilidade que mingua o seu posible uso, pois vémonos na incerteza cando non sabemos se o bus que esperamos vai pasar ou non, se chegaremos ao traballo hoxe, se poderemos ir a tempo á cita médica no hospital, ou a que hora estaremos de regreso na casa. Esta empresa, a cal responde en beneficio dunha concesión que remata no 2020 teima en xogar co servizo en vontade dos intereses privados da mesma, encarecendo as rutas e mudando as frecuencias coa desculpa das eventualidades. Negámonos a que Gondomar sexa o concello co peor transporte e o máis caro da contorna por máis tempo. Analizando a reunión mantida o martes na Delegación da Xunta, nun intercambio de acusacións entre o delegado e o alcalde diante da Asemblea, quedou en evidencia que as razóns que impiden a resolución das deficiencias son de carác...

Seguimos loitando:

Imaxe
No día de hoxe quedaron instaladas no noso municipio valos publicitarios en protesta ao bloqueo da Xunta de Galiza do PP, que impide achegar calquera mellora no transporte ata dentro de 2 anos, no 2020.  Seguimos tamén a abrir novas vías, empregando a ferramenta telemática de change.org para seguir sumando apoios na veciñanza. Para asinar só hai que premer no seguinte enlace:  https://www.change.org/p/veci%C3%B1anza-de-gondomar-transporte-digno-para-gondomar Esta situación para todas nós é insostible, e prorrogala; unha condena. Esiximos a mellora do transporte público de maneira inmediata . Nova do Faro de Vigo (25/10/2018): https://www.farodevigo.es/comarcas/2018/10/25/gondomar-instala-vallas-publicitarias-exigen/1985655.html

O día despois da nosa concentración:

Imaxe
Concentración do 23 de outubro. Facendo unha análise do acontecido na mobilización de onte cabe tirar dúas conclusións: a primeira é que o apoio da veciñanza é amplo, diverso e segue a medrar. Por outra banda, a realidade é que se ben fomos noticia en tódolos xornais, hoxe volvemos ter un muro que derrubar. Despois dunha ampla verborrea, as palabras conciliadoras do sr. Ignacio López Chaves resúmense nun bloqueo na mellora do transporte para Gondomar ata, polo menos 2020 segundo os plans da Xunta do PP (coincidindo co remate das concesionarias e unhas novas eleccións).  Consideramos isto inadmisible, unha desconsideración a todas nós, a tódalas persoas usuarias que precisamos dunhas liñas útiles, fixas e económicas. Ante a constante suba dos prezos do billete, aquelas persoas que xa tiñamos recursos limitados, quedamos nunha situación crítica cando unha parte importante do noso salario vaise cando vamos e volvemos do noso posto de traballo. A Asemblea reunida c...

Mañá CONCENTRACIÓN diante da Xunta en Vigo.

Imaxe
Mañá, MARTES 23, manifestarémonos diante da Delegación da Xunta de Galiza, en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8). Alí faremos entrega por rexistro de todos aqueles apoios recibidos, que polo momento, só nunhas semanas ascenden xa ás case 1.000 sinaturas. Todas aquelas persoas que aínda teñan sinaturas recollidas, poden achegalas a máis tardar MAÑÁ á saída do bus cara Vigo, ás 8:30h na ESTACIÓN. Achégate e reclama connosco un transporte público de calidade para a nosa vila: desde as parroquias até onde queiramos!
Imaxe
Mañá SÁBADO convocamos á prensa na Estación de Autobuses de Gondomar, a partir das 11:15h, anunciando a próxima mobilización e seguindo coa recollida de sinaturas. Achégate e loita connosco!

Mobilización polo transporte - 23 OUTUBRO

Imaxe
MAÑÁ SÁBADO 13 de OUTUBRO estaremos ao lado do Froiz de 11:00h a 13:00h recollendo sinaturas para reclamar un transporte para Gondomar ao servizo dos/as usuarios/as.  Ante o inmobilismo das institucións responsables da actual situación do transporte en Gondomar, a Asemblea convoca para o vindeiro MARTES 23 DE OUTUBRO unha concentración diante da Delegación da Xunta de Galiza, en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8) ás 9:00h.  Haberá buses gratuítos con saída desde a Estación de Autobuses de Gondomar para todas as persoas asistentes.  Adxuntamos tamén a folla de sinaturas para encher, as cales presentaranse o propio día da mobilización por rexistro.  Súmate para defender o que nos pertence! 

Continúa a mobilización por un servizo digno:

Imaxe
Hoxe, día 10 de outubro, estaremos presentes no Centro Neural (edificio da policía local) desde as 19:30h facilitando a recollida dos modelos de denuncia dos/as usuarios/as de Melytour. Alí contaremos con follas detalladas para cubrir de maneira sinxela, e estas denuncias presentaranse o día 23 na delegación da Xunta de Galiza en Vigo, con motivo da vindeira mobilización reclamando o que nos pertence. Procederase tamén á recollida de sinaturas recollidas polas parroquias, as cales tamén serán presentadas por rexistro o mesmo día 23. Vén e infórmate!

Manifestación por un transporte digno para Gondomar

Imaxe
Un pobo que se move é un pobo con vida. Queremos unha vila activa, unhas parroquias conectadas co mundo que nos permitan traballar e desenvolvernos.