Sexas traballador/a ou estudante; ESTE SÁBADO nova asemblea veciñal:

Ante unha situación que asemella ser o ''mal eterno'' de Gondomar, convocamos para este SÁBADO 3 de NOVEMBRO, ás 18:30h no Centro Neural (As Cercas), unha nova asemblea aberta a toda a veciñanza onde decidiremos as novas accións a realizar, para seguir na loita por un transporte ó servizo do pobo. 

Negámonos a seguir o xogo partidista do PP e o PSOE, antepoñendo os seus intereses ás necesidades reais das persoas, algo que levan facendo repetidamente e en moitos ámbitos. 

Facemos un chamamento especial á xuventude, pois é o presente da nosa vila e a súa presenza vai ser chave sempre, en calquera movemento social, e do que queremos nutrirnos como colectivo escoitando as propostas dos servizos que precisan. Entre as nosas esixencias debe estar presente un transporte público para a mocidade que lles facilite cursar estudos post-obrigatorios (FP ou Univesidade). 

A súa inación é a nosa ruina. 

Vén e suma connosco!

Cartaz da vindeira asemblea.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Mobilización polo transporte - 23 OUTUBRO