Mobilización polo transporte - 23 OUTUBRO


MAÑÁ SÁBADO 13 de OUTUBRO estaremos ao lado do Froiz de 11:00h a 13:00h recollendo sinaturas para reclamar un transporte para Gondomar ao servizo dos/as usuarios/as. 


Ante o inmobilismo das institucións responsables da actual situación do transporte en Gondomar, a Asemblea convoca para o vindeiro MARTES 23 DE OUTUBRO unha concentración diante da Delegación da Xunta de Galiza, en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8) ás 9:00h. 


Haberá buses gratuítos con saída desde a Estación de Autobuses de Gondomar para todas as persoas asistentes. 

Adxuntamos tamén a folla de sinaturas para encher, as cales presentaranse o propio día da mobilización por rexistro. 



Súmate para defender o que nos pertence! 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sexas traballador/a ou estudante; ESTE SÁBADO nova asemblea veciñal: