Somos o perfil web da Asemblea veciñal e queremos reivindicar ós nosos dereitos como usuarios/as dun transporte público de calidade.
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Mañá SÁBADO convocamos á prensa na Estación de Autobuses de Gondomar, a partir das 11:15h, anunciando a próxima mobilización e seguindo coa recollida de sinaturas.
MAÑÁ SÁBADO 13 de OUTUBRO estaremos ao lado do Froiz de 11:00h a 13:00h recollendo sinaturas para reclamar un transporte para Gondomar ao servizo dos/as usuarios/as. Ante o inmobilismo das institucións responsables da actual situación do transporte en Gondomar, a Asemblea convoca para o vindeiro MARTES 23 DE OUTUBRO unha concentración diante da Delegación da Xunta de Galiza, en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8) ás 9:00h. Haberá buses gratuítos con saída desde a Estación de Autobuses de Gondomar para todas as persoas asistentes. Adxuntamos tamén a folla de sinaturas para encher, as cales presentaranse o propio día da mobilización por rexistro. Súmate para defender o que nos pertence!
Ante unha situación que asemella ser o ''mal eterno'' de Gondomar, convocamos para este SÁBADO 3 de NOVEMBRO, ás 18:30h no Centro Neural (As Cercas) , unha nova asemblea aberta a toda a veciñanza onde decidiremos as novas accións a realizar, para seguir na loita por un transporte ó servizo do pobo. Negámonos a seguir o xogo partidista do PP e o PSOE, antepoñendo os seus intereses ás necesidades reais das persoas, algo que levan facendo repetidamente e en moitos ámbitos. Facemos un chamamento especial á xuventude, pois é o presente da nosa vila e a súa presenza vai ser chave sempre, en calquera movemento social, e do que queremos nutrirnos como colectivo escoitando as propostas dos servizos que precisan. Entre as nosas esixencias debe estar presente un transporte público para a mocidade que lles facilite cursar estudos post-obrigatorios (FP ou Univesidade). A súa inación é a nosa ruina. Vén e suma connosco! Cartaz da vindeira asemblea.
Comentarios
Publicar un comentario