O día despois da nosa concentración:

Concentración do 23 de outubro.

Facendo unha análise do acontecido na mobilización de onte cabe tirar dúas conclusións: a primeira é que o apoio da veciñanza é amplo, diverso e segue a medrar. Por outra banda, a realidade é que se ben fomos noticia en tódolos xornais, hoxe volvemos ter un muro que derrubar.

Despois dunha ampla verborrea, as palabras conciliadoras do sr. Ignacio López Chaves resúmense nun bloqueo na mellora do transporte para Gondomar ata, polo menos 2020 segundo os plans da Xunta do PP (coincidindo co remate das concesionarias e unhas novas eleccións). 

Consideramos isto inadmisible, unha desconsideración a todas nós, a tódalas persoas usuarias que precisamos dunhas liñas útiles, fixas e económicas. Ante a constante suba dos prezos do billete, aquelas persoas que xa tiñamos recursos limitados, quedamos nunha situación crítica cando unha parte importante do noso salario vaise cando vamos e volvemos do noso posto de traballo.

A Asemblea reunida cos delegados responsables.

Isto responde á política que promove Feijóo desde a súa entrada no Parlamento, onde o desmantelamento das parroquias, do rural galego parece un dos obxectivos do partido, sexa pechando escolas ou retirando liñas que conecten o medio rural co urbano. 

A concentración de onte foi un paso máis na nosa loita particular, e isto non fixo máis que comezar. Grazas por todos os apoios, toda a xente que se sumou e segue a sumar connosco.

Aquí a nova de esta mañá no Faro de Vigo:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Mobilización polo transporte - 23 OUTUBRO

Sexas traballador/a ou estudante; ESTE SÁBADO nova asemblea veciñal: