Publicacións

Sen novas no horizonte:

Imaxe
Os pasado día de Reis autoconvocabámonos na porta do Concello, onde os mesmos tiñan o buzón, para depositar a nosa carta particular. Se ben os Magos de Oriente nada van resolver neste senso, vemos que nada están resolvendo desde a alcaldía de Francisco Ferreira, nin desde a Xunta do PP de Feijóo. Neste acto simbólico de reivindicación limos o seguinte manifesto: ''A NOSA CARTA AOS REIS MAGOS AO GOBERNO DA XUNTA Bo día e feliz ano a todas. Grazas as que poidestes asistir sabendo que hoxe é un día complicado. Porque mañá e día de Reis. E as vésperas son días de “PÍDOMO”. Mais nós non pedimos. ESIXIMOS, DEMANDAMOS, RECLAMAMOS. Porque o transporte público colectivo é un servizo básico ESIXIMOS, DEMANDAMOS, RECLAMAMOS. Non pedimos. Porque temos dereito a ter un transporte público colectivo digno. Que nos permita conectarnos co mundo. Co máis próximo, coas parroquias do noso concello e cos concellos da nosa contorna; e co máis afastado, a través das conexións con es...

CONTINÚAN AS ACCIÓNS REIVINDICATIVAS DA ASEMBLEA VECIÑAL:

Imaxe
O xoves achegámonos á Estación de Autobuses e amosabamos unha comparativa, que lonxe de parecer retranqueira (que o é), vai máis alá, pois a empresa Melytour (unha das actuais concesionarias), está a dar un servizo semellante ao que podería dar o noso compañeiro e a súa egua. HOXE, sábado ás 13h, Feijoo visita Gondomar en plena precampaña eleitoral.  El non é outro que o máximo responsable do lamentable estado de illamento que padece a nosa vila, e sobre todo as nosas parroquias desde hai ben de tempo no que respecta ao servizo público de transporte. Presumiblemente alleo á nosa situación, chega no momento máis oportuno para nós, onde temos máis forza e máis motivos ca nunca para reclamar o que sempre foi noso e agora se nos nega.  É por dignidade persoal, que debemos amosarlle de cheo o calvario de achegarnos cada día ao noso centro de estudos ou traballo, de movernos entre as vilas e a cidade, de baixar e subir das parroquias... E facer presenza coas ...

Sexas traballador/a ou estudante; ESTE SÁBADO nova asemblea veciñal:

Imaxe
Ante unha situación que asemella ser o ''mal eterno'' de Gondomar, convocamos para este SÁBADO 3 de NOVEMBRO, ás 18:30h no Centro Neural (As Cercas) , unha nova asemblea aberta a toda a veciñanza onde decidiremos as novas accións a realizar, para seguir na loita por un transporte ó servizo do pobo.  Negámonos a seguir o xogo partidista do PP e o PSOE, antepoñendo os seus intereses ás necesidades reais das persoas, algo que levan facendo repetidamente e en moitos ámbitos.  Facemos un chamamento especial á xuventude, pois é o presente da nosa vila e a súa presenza vai ser chave sempre, en calquera movemento social, e do que queremos nutrirnos como colectivo escoitando as propostas dos servizos que precisan. Entre as nosas esixencias debe estar presente un transporte público para a mocidade que lles facilite cursar estudos post-obrigatorios (FP ou Univesidade).  A súa inación é a nosa ruina.  Vén e suma connosco! Cartaz da vindeira asemblea.

Novas deficiencias nas liñas de Melytour e balóns fóra entre PP e PSOE.

Imaxe
Hoxe volve ser unha xornada máis para nós, como usuarias dun transporte público de vergoña. As liñas de Melytour (xa por si mesmas deficientes) teñen actualmente unha inestabilidade que mingua o seu posible uso, pois vémonos na incerteza cando non sabemos se o bus que esperamos vai pasar ou non, se chegaremos ao traballo hoxe, se poderemos ir a tempo á cita médica no hospital, ou a que hora estaremos de regreso na casa. Esta empresa, a cal responde en beneficio dunha concesión que remata no 2020 teima en xogar co servizo en vontade dos intereses privados da mesma, encarecendo as rutas e mudando as frecuencias coa desculpa das eventualidades. Negámonos a que Gondomar sexa o concello co peor transporte e o máis caro da contorna por máis tempo. Analizando a reunión mantida o martes na Delegación da Xunta, nun intercambio de acusacións entre o delegado e o alcalde diante da Asemblea, quedou en evidencia que as razóns que impiden a resolución das deficiencias son de carác...

Seguimos loitando:

Imaxe
No día de hoxe quedaron instaladas no noso municipio valos publicitarios en protesta ao bloqueo da Xunta de Galiza do PP, que impide achegar calquera mellora no transporte ata dentro de 2 anos, no 2020.  Seguimos tamén a abrir novas vías, empregando a ferramenta telemática de change.org para seguir sumando apoios na veciñanza. Para asinar só hai que premer no seguinte enlace:  https://www.change.org/p/veci%C3%B1anza-de-gondomar-transporte-digno-para-gondomar Esta situación para todas nós é insostible, e prorrogala; unha condena. Esiximos a mellora do transporte público de maneira inmediata . Nova do Faro de Vigo (25/10/2018): https://www.farodevigo.es/comarcas/2018/10/25/gondomar-instala-vallas-publicitarias-exigen/1985655.html

O día despois da nosa concentración:

Imaxe
Concentración do 23 de outubro. Facendo unha análise do acontecido na mobilización de onte cabe tirar dúas conclusións: a primeira é que o apoio da veciñanza é amplo, diverso e segue a medrar. Por outra banda, a realidade é que se ben fomos noticia en tódolos xornais, hoxe volvemos ter un muro que derrubar. Despois dunha ampla verborrea, as palabras conciliadoras do sr. Ignacio López Chaves resúmense nun bloqueo na mellora do transporte para Gondomar ata, polo menos 2020 segundo os plans da Xunta do PP (coincidindo co remate das concesionarias e unhas novas eleccións).  Consideramos isto inadmisible, unha desconsideración a todas nós, a tódalas persoas usuarias que precisamos dunhas liñas útiles, fixas e económicas. Ante a constante suba dos prezos do billete, aquelas persoas que xa tiñamos recursos limitados, quedamos nunha situación crítica cando unha parte importante do noso salario vaise cando vamos e volvemos do noso posto de traballo. A Asemblea reunida c...

Mañá CONCENTRACIÓN diante da Xunta en Vigo.

Imaxe
Mañá, MARTES 23, manifestarémonos diante da Delegación da Xunta de Galiza, en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8). Alí faremos entrega por rexistro de todos aqueles apoios recibidos, que polo momento, só nunhas semanas ascenden xa ás case 1.000 sinaturas. Todas aquelas persoas que aínda teñan sinaturas recollidas, poden achegalas a máis tardar MAÑÁ á saída do bus cara Vigo, ás 8:30h na ESTACIÓN. Achégate e reclama connosco un transporte público de calidade para a nosa vila: desde as parroquias até onde queiramos!