CONTINÚAN AS ACCIÓNS REIVINDICATIVAS DA ASEMBLEA VECIÑAL:

O xoves achegámonos á Estación de Autobuses e amosabamos unha comparativa, que lonxe de parecer retranqueira (que o é), vai máis alá, pois a empresa Melytour (unha das actuais concesionarias), está a dar un servizo semellante ao que podería dar o noso compañeiro e a súa egua. HOXE, sábado ás 13h, Feijoo visita Gondomar en plena precampaña eleitoral. El non é outro que o máximo responsable do lamentable estado de illamento que padece a nosa vila, e sobre todo as nosas parroquias desde hai ben de tempo no que respecta ao servizo público de transporte. Presumiblemente alleo á nosa situación, chega no momento máis oportuno para nós, onde temos máis forza e máis motivos ca nunca para reclamar o que sempre foi noso e agora se nos nega. É por dignidade persoal, que debemos amosarlle de cheo o calvario de achegarnos cada día ao noso centro de estudos ou traballo, de movernos entre as vilas e a cidade, de baixar e subir das parroquias... E facer presenza coas ...